martes, 31 de octubre de 2017

A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN

Hoxe fomos a Ourense ver unha obra de teatro titulada "Rubricando".
Pasámolo moi ben, e gustounos moito sobre todo a decoracion do escenario e os actores, que o  fixeron moi ben.


martes, 24 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe 24 de outubro os nenos do CEIP de Baltar para festexar o Día das Bibliotecas Escolares fixemos moitas actividades.
Os maiores representamos o conto "A Ratiña Presumida" os maís pequenos.




Despois todos os nenos trouxemos un conto da casa e explicámoslle ós nosos compañeiros de que trataba e porque nos gustaba. Todos eles quedaron na biblioteca para que os demaís poidan disfrutar coa súa lectura.

Os maiores tamén lles explicamos os maís cativos como podían levar un libros para casa, e se querían ir a biblioteca podían ir no recreo a coller un libro.
Fixemos as CDU, e colocamos a nosa foto para que sepamos de que cor é a pegatina dos libros que podemos coller para ler ou levar para casa.
E por último os de tres anos fixeron o carnet da biblioteca e os maiores tivemos que renovaloo porque algún xa pasou de nivel.
Xirabal tiñanos preparado un agasallo "O lapis das mil historias".

viernes, 20 de octubre de 2017

A CARREIRA SOLIDARIA

A nosa primeira carreira solidaria contra a leucemia infantil

Preparados para correr

A saída

Chegando a meta

Descansando despois da carreira

miércoles, 18 de octubre de 2017

CELEBRACIÓNS

Despedida dunha profe que nos acompañou este comezo de curso.
Raquel moita sorte.
Unhas fotiños para que te acordes de nos.


lunes, 16 de octubre de 2017

O NOSO INVERNADOIRO

Este ano por primeira vez recollemos os froitos do noso invernadoiro:cebolas,pementos,leitugas e tomates.




OBRADOIRO SAMAIN

Este ano imos sair por Baltar a pedir chuches e estamos facendo os disfraces para os maís cativos, que van ir de cabazas e para recoller as caramelos unhas bolsas de morcegos.

Foto feita por Diego



PRESENTACIÓN

Ola amigos, son Xirabal, a mascota do noso cole, o CEIP- de Baltar.
Estade moi atentos, este curso haberá moitas novidades na nosa Biblioteca.
Imos pasalo moi ben!